Inglés [ Galego ] Castellano
ANACERISO 9001:2000

PENSACHES EN SER DOANTE DE ÓVULOS?

 

Desgraciadamente, moitas mulleres que desexan ser madres non poden conseguir un embarazo por problemas derivados dun incorrecto funcionamento dos seus ovarios.

Avances médicos, como a doazón de óvulos, poden solucionar eses problemas de infertilidade en moitos casos.

Se queres, e tes entre 18 e 35 anos, podes facer un exercicio de solidariedade e axudar a outra muller a cumprir o seu soño de ser madre.

En España, a doazón de óvulos é voluntaria e totalmente anónima. A Lei de Técnicas de Reprodución Asistida sinala que a doazón non pode ter carácter lucrativo, se ben a doante recibe unha compensación económica polo esforzo que realiza. Como precaución, non está permitida a doazón por parte de mulleres adoptadas.

As molestias e riscos que se producen no proceso da doazón de óvulos son mínimos e asumibles por parte de calquera doante, sobre todo cando este é realizado por centros de solvencia acreditada situados preto da súa residencia habitual.

IRAGA leva dende o ano 2001 realizando tratamentos de doazón de óvulos nun ambiente profesional, co equipamento técnico, o equipo humano e maila experiencia necesarios.Se estás pensando en ser doante, estaremos encantados de ter unha entrevista contigo para responder a todas as dúbidas que poidas ter.

 

En IRAGA axudámosche a axudar..

Descarga: Doar óvulos é vida

 

 


INFORMACIÓN LEGAL