Inglés [ Galego ] Castellano
PENSACHES EN SER DOANTE DE ÓVULOS?ANACER UNIVADISISO 9001:2000

OS NOSOS TRATAMENTOS

O persoal médico e técnico de IRAGA dispón dos equipos e maila experiencia necesarios para desenvolveren, coas maiores garantías, os seguintes tratamentos.

 

Avaliación do Factor Feminino

Trátase dun conxunto de tests realizados para avaliar a fertilidade feminina, orientados a confirmar se, e cando, acontece a ovulación. Ademais, procura posibles anormalidades estruturais do tracto reprodutivo feminino.  
Test serolóxicos/Hormonais
Ecografía (Eco)
Histerosalpingografía (HSG)
Test post-coital
Histeroscopia
Laparoscopia
Biopsia endometrial
Avaliación do factor inmunolóxico

 

Inseminación Artificial

A inseminación artificial intrauterina consiste no depósito dos espermatozoides, unha vez seleccionados, directamente no útero; salvando así a barreira do canle cervical.

 

Fertilización In Vitro-Transferencia Embrionaria (FIV-TE)

É unha técnica que precisa da estimulación previa dos ovarios para que estes desenrolen un número adecuado de folículos. Posteriormente, o líquido contido nos folículos, e posiblemente os óvulos, son aspirados baixo anestesia epidural ou xeral (punción folicular). No mesmo día a parella rrecolle unha mostra de seme que se procesapara seleccionar os espermatozoides e poñelos en contacto no laboratorio nunha placa de cultivo.

 

Inxección Intra Citoplasmática de Espermatozoides (ICSI)

A técnica consiste na inxección dun espermatozoide no interior do óvulo.Os óvulos e a súa extracción son obtidos para esta técnica do mesmo xeito que para a FIV convencional.

 

Crioconservación e desconxelación de seme
Consiste na conxelación e posterior desconxelación de espermatozoides para a súa utilización xeralmente mediante la técnica de ICSI, aínda que dependendo do caso tamén poden utilizarse para IAC ou FIV convencional.

 

Doazón de seme

A utilización de seme de doante para as técnicas de FIV ou ICSI realízase en casos de mulleres sen parella, cando o home presenta unha desorde xenético/hereditaria que puidera ser transmitido á descendencia ou cando se detecta unha mala calidade espermática.

 

Apoyo psicológico

Recoméndase realizar unha avaliación psicolóxica previa ao comezo de calquera tipo de tratamento.

 

Avaliación do Factor Masculino

A través dunha serie de tests analízanse as distintas características do esperma masculino
Test serolóxicos/Hormonais
Seminograma con morfoloxía estrita
Análise de motilidade espermática
Avaliación de Anticorpos anti espermatozoides e tratamento
Test Hipoosmótico
Recuperación de espermatozoides móbiles (REM)
Test de supervivencia espermática. Reconstitución do exaculado retrógrado

 

Inseminación Artificial con seme de Doante
A técnica é idéntica á IAC pero neste caso realízase con seme dun doante previamente seleccionado polo equipo biomédico de acordo coa Lei de Reprodución Asistida.

 

Extracción de espermatozoides testiculares
A extracción de espermatozoides do testículo realízase normalmente mediante aspiración testicular ou epididimaria ou mediante unha pequena biopsia dun dos testículos, baixo anestesia local.

 

Crioconservación e desconxelación de embrións
Consiste na conxelación e posterior desconxelación de embrións para a súa utilización, no que se denomina ciclo de criotransferencia embrionaria.

 

Doazón de ovocitos
Consiste na doazón de ovocitos por parte dunha muller para a súa utilización noutra muller receptora.

 

Doazón de óvulos

 

Diagnóstico Xenético Preimplantacional (DGP)

Trátase dunha técnica de detección de anomalías xenéticas previa á transferencia do embrión no útero da muller.

 

INFORMACIÓN LEGAL