
PREGUNTAS FRECUENTES
Cales son as causas máis frecuentes de infertilidade?
Son variadas, de carácter social e médico, e poden ter a súa orixe en calquera dos membros da parella. A pouca mobilidade ou a escaseza de espermatozoides no home e unha obstrución nas trompas, ou a non ovulación, na muller están entre as máis habituais.
Porén, tampouco poden desdeñarse o retraso á hora da paternidade ou a tensión á que se enfrontan moitas persoas.
Recentemente cumprín os 34 anos e non teño fillos. Como afecta a idade á fertilidade feminina?
A partir dos 35 a fertilidade feminina comeza a reducirse sensiblemente. Pero hoxe en día, e grazas en parte aos centros de reprodución asistida, calquera muller pode converterse en nai despois desa idade.
É normal non lograr o embarazo despois de tres meses intentándoo?
Resulta prematuro e aventurado adiantar calquera tipo de diagnóstico sen os datos necesarios nin un estudo previo que avalíe a súa situación.De tódolos xeitos, unha serie de tests pode solucionar as súas dúbidas.
Estou con dúbidas entre varias clínicas Por que debería escoller IRAGA?
Sabemos que existen moi bos profesionais noutros centros. En IRAGA, ademais de excelencia profesional e nas instalacións acreditada polo selo de garantía ISO 9001, apostamos por coidar o trato entre médico e paciente.
Interesaríame dispor de máis información sobre os seus tratamentos. Que debo facer?
Pode concertar unha consulta persoal na que un dos nosos médicos xinecólogos atenderá todas as súas dubidas e informaralle daquilo no que IRAGA pode axudarlle.
Realizar esa primeira entrevista supón algún compromiso pola miña parte?
Esa entrevista é informativa e non supón ningún compromiso por parte do paciente.
Como podo pórme en contacto con IRAGA?
Nesta ligazón pode atopar os xeitos de pórse en contacto connosco.
A doazón de óvulos soporta algún risco?
As molestias e riscos na doazón de óvulos son mínimos e asumibles por parte de calquera doante, sobre todo cando esta é realizada por centros de solvencia acreditada. Aquí ten más información sobre a doazón de óvulos.