O Instituto de Reprodución Asistida de Galicia (IRAGA) leva dende o ano 2000 axudando a mulleres e ás súas parellas a conseguiren o seu soño de ser pais.
IRAGA está conformado por un equipo de profesionais con acreditada experiencia que conta coa infraestrutura e mailos equipos necesarios para alcanzar a excelencia profesional, avalada pola garantía de calidade ISO 9001.
En IRAGA queremos corresponder á confianza que moitas mulleres e as súas parellas depositan en nós nun momento tan especial das súas vidas e, por elo, coidamos especialmente o trato humano, coa atención personalizada que precisa cada caso.